Botamos unha tarde coa escritora Fina Casalderrey na Libraría Paz de Pontevedra para falar do libro que tanto nos marcou, ‘O misterio dos fillos de Lúa‘. Esta conversa complementa o episodio 1 do podcast NALINGUA. | |
Sergio Pascual conduce este percorrido sonoro por ‘O misterio dos fillos de Lúa‘, de Fina Casalderrey: unha das grandes obras da Literatura Infantil e Xuvenil galega (LIX). Alén dos premios, Premio Nacional de Literatura Infantil e Premio Barco de Vapor, este libro marcou un fito na mocidade da época. En poucas palabras: un clásico. |