Fina Casalderrey, cervantina

Nun lugar das terras pontevedresas de cuxo nome non vén ao caso lembrarse, naceu unha muller, Adelina, a fins do XIX, a quen Fina Casalderrey coñeceu sendo nena pero cando xa ía, penso, para contadora de historias, para narradora. Nesas datas, os rapaces da aldea e da vila ríanse desta muller e, mesmo, acantazábana. Era vella, indixente, fedía que alcatreaba e case todos se afastaban daquela muller que, ademais, estaba algo tola. Algunha veciña, esencial no relato para o desenlace, acollíaa e agarimábaa. Levaba ao lombo sacos con trapos e cousas varias, entre elas, libros, libros de leis.
Scroll to top