Fina Casalderrey, candidata por cuarta vez ao premio Astrid Lindgren

O premio Astrid Lindgren é un dos galardóns máis prestixiosos a nivel mundial no ámbito da literatura infantil. Fina Casalderrey acaba de ser nominada como candidata de España, canda a ilustradora Elena Odriozola, para este premio. Será a cuarta vez que a escritora pontevedresa sexa candidata a este premio no que se presentan autores, ilustradores, animadores da lectura e contacontos. Os resultados deste premio, convocado polo goberno sueco, coñeceranse o 1 de abril de 2025. Casalderrey competirá cun total de 265 candidatos de todo o mundo. O premio Lingren está dotado con cinco millóns de coroas suecas, é dicir, máis de 430.000 euros.
https://culturagalega.gal
Un total de 265 candidatos de 72 países foron nominados para o premio 2025, incluidos 81 candidatos novos de anos anteriores. A lista inclúe autores e ilustradores, así como narradores e promotores de lectura. O gañador anunciarase o 1 de abril de 2025.
https://alma.se
A académica Fina Casalderrey volve aspirar ao Premio Astrid Lindgren, o galardón da literatura infantil e xuvenil que concede o goberno sueco. A autora pontevedresa foi proposta como candidata, por cuarta vez, por parte da Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), a sección estatal do International Board on Books four Young People (IBBY), a iniciativa da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). 
https://academia.gal
A OEPLI, como Sección Española do IBBY, volve presentar as candidaturas de Fina Casalderrey (a proposta de Gálix, sección galega da OEPLI) e Elena Odriozola ao Premio Astrid Lindgren, premio de literatura infantil e xuvenil establecido polo goberno sueco e que se outorga anualmente a escritoras/es, ilustradoras/es, narradoras/es, e/ou persoas, proxectos ou organizacións que veñan facendo valiosas achegas ao fomento da lectura. O obxectivo do premio é potenciar e aumentar o interese na literatura infantil e xuvenil no mundo, e fomentar os dereitos dos nenos. Cunha dotación de cinco millóns de coroas suecas, é o maior premio do mundo para a literatura infantil e xuvenil e o segundo premio literario no ámbito mundial.
https://www.editorasgalegas.gal
Confírmase a candidatura de Fina Casalderrey ao Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) 2025, un premio outorgado anualmente polo goberno sueco coma homenaxe á creadora de Pippi Mediaslongas, no que se recoñece o traballo dos diversos actores que conforman o mundo do libro infantil e xuvenil e pode recaer tanto nunha organización coma nun persoa individual. Un total de 265 candidatos de 72 países foron nomeados para o premio 2025, incluíndo autores e ilustradores, así como contacontos e promotores da lectura. GÁLIX presentou a candidatura de Fina Casalderrey como autora de referencia na literatura infantil e xuvenil galega e polo seu labor constante a prol da cultura e a lingua galega.  A obra de Fina abrangue todos os xéneros, aínda que centrou o seu interese na necesidade de referentes literarios do lectorado infantil e xuvenil.
http://www.galix.org
A escritora Fina Casalderrey, candidata por cuarta vez ao Premio Astrid Lindgren. O galardón, un dos máis importantes do mundo no ámbito da literatura infantil e xuvenil, fállase o 1 de abril. A escritora pontevedresa volve ser a candidata que presenta a Organización Española Para el Libro Infantil y Juvenil (Oepli), a partir dunha proposta da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), ao Premio Astrid Lindgren, un dos galardóns internacionais máis importantes deste ámbito. O recoñecemento, que nunca recibiu polo momento un autor ou autora español, é outorgado anualmente polo Goberno sueco como homenaxe á creadora de Pippi Mediaslongas.
https://www.diariodepontevedra.es
Scroll to top