Un total de 245 candidatos de 68 países foron nominados para o premio 2024, incluidos 66 candidatos novos de anos anteriores. A lista inclúe autores e ilustradores, así como narradores e promotores de lectura. O gañador anunciarase o 9 de abril de 2024. https://alma.se |
A académica Fina Casalderrey acaba de ser elixida a candidata española da vindeira edición do Premio Astrid Lindgren, o galardón de literatura infantil e xuvenil que concede o goberno sueco. A escritora pontevedresa foi proposta pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), a sección estatal do International Board on Books four Young People (IBBY), a iniciativa da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). https://academia.gal |
Fina Casalderrey, nominada por terceira vez ao Premio Memorial Astrid Lindgren. A pontevedresa é a única autora que opta simultaneamente a este e ao Hans Christian Andersen, os premios máis prestixiosos de literatura infantil e xuvenil a nivel internacional. O resultado coñecerase en abril de 2024. https://www.diariodepontevedra.es |
Esta é a terceira vez que a escritora é nominada, despois da proposta de Gálix á OEPLI, neste prestixioso galardón, momento no que opta simultaneamente ao Hans Christian Andersen; os recoñecementos máis importantes da literatura infantil e xuvenil a nivel internacional. https://editorialgalaxia.gal/ |