O libro da empanada

(Edicións Xerais, Vigo, 1993) – ISBN: 84-7507-708-0
Coautor: Mariano García

Sinopse

A empanada é un símbolo da mellor cociña de Galicia. É abofé, un signo de identidade. Xenerosa, saborosa e farturenta, pola empanada identifícannos como galegos de aquí á fin do mundo. De raxo, de xoubas, de polo, de ameixas, de bacallao con pasas, de lamprea, de millo con chocos, de centeo con sardiñas, de carne, de roxóns, de millo con zamburiñas, de vieiros, a costrada, as de cu de tarteira…, son os mil traxes que ela ten para se vestir nas festas, nas romarías, nas celebracións domésticas ou nos mellores restaurantes. Por iso é o producto galego máis universal.

Fina Casalderrey e Mariano García percorreron o país na procura das mellores empanadas de Galicia, pescudadndo na nosa historia e na nosa cultura para escribir este libro que arrinca no Pórtico da Glori
a ou nos Cancioneiros Medievais e chega ós nosos días. ¡Unha viaxe fascinante!

A súa cultura, a súa historia, os amoados, as zaragalladas, os guisos e mexunxes, os amasados, fermentos e fariñas, a preparación, os mellores trucos, as súas receitas, mesmo a súa conxelación; todo está neste libro co que os autores pasarán de seguro a convertirse nas primeiras autoridades deste prato rei da cociña galega.

Traducións

EspañolEl libro de la empanada (Alianza Editorial, Madrid, 1995)

Escolma de receitas

Masa rápida Empanada de millo sen tapa
Masa de millo Empanada de millo de vieiras
Masa de pan gramada con aceite Empanada de polbo

A Semán da Cociña Galega en Xenebra
( 21-27/02/1995 ) Xoán Anllo

(…)

Por terceira vez a miña gata… ¡Vaia!, tamén é de Branca. Xuramos entre dúas pedras que era dos dous. Así Branca axúdame a descubri-lo misterio.

Por terceira vez, a nosa gata está preñada, que quere dicir que vai ter gatiños. Eu seino, non só porque o digan meus pais, seino porque ten a barriga moi gorda, moi gorda. Case lle chega ó chan, e salta moi pouco. Antes xogaba moito, e agora pasa a maior parte do día deitada igual cá avoa; pero a avoa non vai ter gatiños.

Estes días non quere que a acariñen nin nada. Se lle toco na barriga, foxe. Antes de te-los gatiños dentro, non era así. Podíalle facer cantas cóxegas quixese, ¡ata pola barriga! Ás veces quedaba a durmir así, e roncaba. Roncaba igual ca papá cando se deita no tresillo do salón despois de comer. Papá ponse coa panza para riba e Lúa escóndea debaixo. Ten medo a quedar durmida e que lle desaparezan os gatiños que ten dentro. ¡E non me estraña!

As outras dúas veces que pariu Lúa, pasou unha cousa moi rara. O primeiro día tiña alí os gatiños. Estaban na eira, enriba dunha cadeira vella que había arrimada a unha parede do cuberto. Eran tan pequeniños que parecían pelotas de tenis, pero non eran. As pelotas son máis redondas e menos peludas, e ademais non respiran.

Coñezo ben as pelotas de tenis porque ás veces vou xogar con papá e con Xocas, que é meu irmán. Xogar ó tenis, por exemplo, é bota-la pelota para o outro lado cunha cousa que lle chaman raqueta de tenis. No medio hai unha rede que non é de pescar. E dende o outro lado, outro xogador ten que face-lo mesmo. Poden xogar tres porque eu tamén xogo con eles moitas veces. A min tócame recolle-las pelotas que lles caen a Xocas e a papá, e darllas cando mas piden. É un traballo moi importante. Teño que estar atento e correr moito. Por iso papá di que eu fago o máis difícil. Ás veces déixanme tirar a min, pero a raqueta pesa moito e cánsome.

Xa sei por onde saen os gatiños porque mo explicou mamá. Díxome que saen por un buratiño que teñen por onda o rabo. O que aínda non descubrín, é por onde entran.

Mamá di que aparecen na barriga cando a gata se xunta cun gato que lle gusta. Se se arriman moito, se se fan noivos e se queren moitísimo, pode pasar iso. Díxome que tamén pasa coas persoas, pero é mentira. Eu quero moito a Branca, e ata lle dei un bico onde hai que dalos para ser noivos, na boca, e Branca non vai ter gatiños nin nada.

Creo que hai que face-lo amor, que é durmir xuntos coma nas películas. Coma mamá e papá non vale, eles son da familia; e ademais non poden estar namorados porque están casados. Non son noivos.

(…)

Scroll to top