Masa rápida (Moi cómoda)

O libro da empanada

Ingredientes

1/2 quilo de fariña, 1 taciña do café de aceite, 2 de viño branco, 3 de leite e sal.

Preparación

Adoitase falar da preguiza que a xente ten en amasar para empanadas (que se se tarda moito, que se se pon a cociña patas arriba…) Aquí temos pois, unha receita na que se “amasa” sen toca-la masa coas mans e sen deixar pegadas da mesma na cociña.

Nun recipiente redondo de plástico duro que posúa tapa bótanse tódolos ingredientes, tápase, agárrase con ámbalas dúas mans e axítase con rapidez durante uns dous minutos. Cando se nota unha bola mobil (solta) no interior do recipiente, está lista para ser utilizada, xa que logo non precisa repouso ningún.

Suxerencia:

No caso de querer facer unha empanada de maiores dimensións, recomendamos preparar primeiro unha metade da masa e logo a outra (á fin só son catro minutos) para que sexa máis doado mover con rapidez o recipiente.

© Mariano García – Fina Casalderrey, 1993

Scroll to top