Rabuñar nas entrañas

Todos coñecemos algunha Muller Xabaril, metamorfoseada noutra cousa ou cunha aparencia xenérica distinta. No meu caso, evoquei nesta lectura a figura de Ismael, dono dunha fraqueza extraordinaria e ollada penetrante, que adoitaba pasear polo Calvario vigués pedindo folios de papel para axiña devoralos. O seu pasado, cando o coñecín pasados uns anos, era absolutamente tráxica e está por contar, mais quen si conta nesta ocasión a historia de Adelina, con talento e emoción, é Fina Casalderrey, candidata ao premio Andersen e que recibirá en breve a homenaxe de Escritora na súa Terra tributada pola AELG.
Scroll to top