| ¡Un can no piso! ¿E que? | ||||||||||
|
||||||||||
| Traduccións | ||
| Catalán:
Un gos al pis! I qué?
(Editores Asociados: La Galera, Barcelona, 2003) Castelán: ¡Un perro en el piso! ¿Y qué? (Editores asociados: La Galera, Barcelona, 2003) Euskera: Txakurra daukau etxean. Eta zer? (Editores asociados: Elkar, Donostia, 2003) Asturiano: Falo col perru. ¿Y qué? (Editores asociados: Llibros del Pexe, Xixón, 2003) Aragonés: Un can en o piso. ¿E qué? (Editores asociados: Xordica, Zaragoza, 2003) |
||
| Sinopse | ||
|
Non todo o mundo che está feito da mesma pasta. ¿E que? Haiche persoas moi distintas e peculiares. ¿E que? A diversidade é estupenda e cremos que este libro tamén. ¡E logo! |
||
| Anaco da obra | ||
|
(...)
A calor coábase por todas as fendas. O bisavó Paco, eu chámolle avó, igual ca mamá, sentaba onda a ventá e miraba o brillo do sol nos cristais dos outros edificios. Había séculos que o avó só miraba. Esquecera as palabras. Aburrida, fun merendar ó parque. Un cadeliño, agochado debaixo dun banco, rañaba no lombo coma se batese ovos cunha pata. - ¿Estás só? -pregunteille mentres lle botaba un anaco de xamón cocido. (...) © Fina Casalderrey, 2003 |
||