A rosquilleira  
     
 
Primeiro premio de narración breve Casa de Galicia de León
Casa de Galicia, León, 1993
10º concurso de contos galaico-leonés
ISBN: 84-86238-43-9
Nº de páxinas: 30
Formato: 13'5 x 22
1ª edición: 1993
 
     

Sinopse  
     
 

A señora Aurora finou e Rita non te´ra que seguir finxindo, inventando mundos que á señora Aurora se lle cerraran coa emigración do seu fillo Ramón.

 
     

Anaco da obra  
     
 

(...)

Bos Aires, 15 de outubro de 1992

 

Querida mamá:

Agardo que ó recibo destas letras te atopes ben de saúde, nós por aquí, moi ben gracias a Deus.

Vouche dar unha gran noticia. O próximo verán como Manolito xa acaba a carreira de médico imos ir a visitarte. Ten moitas ganas de te coñecer. Xa ten moza. ¿Sabes? É moi bonita, e para máis, tamén estudia medicina.

Como ves, escusamos estar preocupados polo seu futuro, seguramente farán fortuna antes ca min pero non te preocupes porque agora xa nos vai moi ben co bazar. Para demostrarcho aquí che envío quince mil pesetas cambiadas.

Rita coida que ben merecera a pena sacrifica-la compra dos Levi's e continúa coa lectura.

Luisita semella moito á casa, é cuspidiña a ti, fermosa como unha princesa.

Se podemos adiantarémo-la viaxe ó Nadal. Ti agárdanos cunha boa pota de caldo, desas que só ti sabes preparar e sobre todo, cóidate ata que cheguemos, xa que pronto te poderán coida-los médicos da familia.

Sen máis que decirche despídese de ti cunha forte aperta o teu fillo que te quere e agarda verte pronto.

Ramón

P.D. Manolito e Luisita mándanche moitos bicos.

(...)