Queique de Ordes  
     
 
 
     

Ingredientes  
     
  200 gramos de manteiga ou margarina ou mesturadas, 6 ovos, 1/4 quilo de azucre, 1 copa de anís, 400 gramos de fariña de forza (para que medre), 200 gramos de uvas pasas e 1 cullerada de lévedo en po.  
     

Preparación  
     
 

Bátense os ovos coa manteiga (previamente derretida), co azucre e co anís. Mestúrase a fariña co lévedo e vaise engadindo ó preparado pouco a pouco ó mesmo tempo que se segue remexendo. Para rematar engádenselle as uvas pasas.

Déixase levedar unha hora e media. Úntase de manteiga o molde (redondo é especial da zona, pero podería servir calquera outro) e bótase o preparado. Salfírese de azucre por riba e métese no forno a temperatura alta (200º) durante unha hora ou hora e cuarto.

Variantes:

Hai quen lle bota ron no canto do anís, tamén se lle pode engadir zume de limón e de laranxa, e se se quere máis forte, améndoa moída.

Nota:

Ó botalo no molde, debe quedar por debaixo do bordo do mesmo, para que logo medre e reborde un pouco, quedando unha figura, cando está listo, de gorro de cociñeiro.