| Torta Rías Baixas | |||
|
|||
| Ingredientes | ||
| 50 gramos de castaña, 50 gramos de avelá, 50 gramos de améndoa, 50 gramos de noces, 1/4 quilo de fariña, 1/4 quilo de manteiga, 1/4 de azucre, 3 ovos e 2 xemas e xema batida. | ||
| Preparación | ||
|
Faise unha pasta con tódolos ingredientes (previamente moídos os froitos secos) agás a xema batida. Bótase nun molde e métese no forno durante 30 minutos a temperatura media (160º/180º). Retírase (sae coma un biscoito de cor moi escura), dáselle por riba unha capa de xema batida e pásaselle a prancha de tostar. © Mariano García - Fina Casalderrey, 1997 |
||