| Torta de Santiago | |||
|
|||
| Ingredientes | ||
| 1/2 quilo de améndoa moída, 450 gramos de azucre, 9 ovos e azucre moído. | ||
| Preparación | ||
|
Póñense as claras a punto de neve, engádeselle o azucre e reméxese. A continuación as xemas batidas e a améndoa. Vértese nun molde, previamente engraxado, duns 30 cm. de diámetro. Métese no forno a 150º durante os cinco primeiros minutos, baixando a 120º os vintecinco minutos restantes. Retírase do forno e desmóldase xa fría. Salfírese
de azucre moído logo de colocar no medio da torta unha cruz de
Santiago feita de papel. É esta a torta máis estendida por toda Galicia, con pequenas variantes segundo as zonas e incluso as casas. Hai quen a fai cunha base de masa de follado. Hai quen mestura os ingredientes sen ningún preparado previo. Hai quen lle engade unha copa de coñac, ou reladura de limón ou mesmo o zume, ou unha culleradiña de canela. Hai, incluso, quen mestura na masa fariña de trigo. Do mesmo xeito pódese face-la torta de coco cambiando a améndoa por coco moído. © Mariano García - Fina Casalderrey, 1997 |
||