| Torta de Mondoñedo | |||
|
|||
| Ingredientes | ||
| Masa de follado (ver receita: masa de follado IV), biscoito común (ver receita), 500 gramos de cabelo de anxo (ver variante da receita), 500 gramos de améndoa moída, 1/2 vaso de xarope en punto de fío (auga e 100 gramos de azucre), 4 figos pasos e 4 cereixas de confitura. | ||
| Preparación | ||
|
Coa masa de follado fórrase un molde redondo duns 25 centímetros de diámetro. Por riba da masa ponse o biscoito esfaragullado e enchoupado no xarope xa frío. Cóbrese co cabelo de anxo. E por último coa améndoa moída non demasiado grosa. Adobíase con tiras planas (moi finas) da masa de follado formando un enreixado e métese no forno ata que estea cocida. Déixase enfriar e desmóldase, adobiándoa con anacos
de cereixas e figos confeitados. Pódese conservar varios días
en sitio seco. Hai quen amasa a améndoa con igual cantidade de azucre, e substitúe o xarope por un vaso de viño doce. © Mariano García - Fina Casalderrey, 1997 |
||