| Melindres de xema de Pontedeume | |||
|
|||
| Ingredientes | ||
| 1 ducia de xemas de ovo, 1 copa de anís, 1 cullerada de manteiga cocida de vaca, 1/2 quilo de azucre, 1 vaso de auga e fariña (a que admita). | ||
| Preparación | ||
|
Bátense as xemas ata que queden escumosas. Bótaselle o anís e a manteiga, logo pouco a pouco váiselle mesturando a fariña e amásase (queda coa consistencia da masa de pan). Dáselle-la forma de rosquilla e colócanse en pranchas de forno enfariñadas. Cócense a temperatura moi alta arredor de seis minutos. Faise un xarope co azucre e a auga, e báñanse nada máis saír do forno pasándoas para unha prata onde van secando. © Mariano García - Fina Casalderrey, 1997 |
||