| Melindres de Melide | |||
|
|||
| Ingredientes | ||
| 250 gramos de fariña triga, 6 xemas de ovo, unha cullerada de manteiga cocida de vaca e azucre para o baño. | ||
| Preparación | ||
|
Amásanse as xemas de ovo, a manteiga (previamente diluída
e fría) e a fariña. Cando a masa está ben ligada
estarrícase, córtase en tiras duns 10 cm. e dáselle
forma cilíndrica. Xúntanse os extremos dándolle forma
de rosquillas (ó medra-la masa o oco é case imperceptible).
Colócanse nunha prata de forno, previamente enfariñada,
e déixanse repousar unha hora e media. Métense no forno
a 230º durante uns 20 minutos. Cando collen unha cor castaña
non moi escura retíranse. Déixanse arrefriar e agárdase
entre un e dous días. Báñanse cun xarope de azucre
en punto de fío dándolle voltas ata que comezan a pegar
entre eles. Déixanse secar. Poden aguantar un mes en boas condicións. Pódeselles botar anís ou mel (Silleda), e mesmo substituí-la fariña triga por améndoa moída ou mesturadas (Allariz), ou cun pouco de gran de améndoa (Ponteareas). © Mariano García - Fina Casalderrey, 1997 |
||