| Flan de pan ó estilo de Natalia | |||
|
|||
| Ingredientes | ||
| 1 barra de pan (mellor reseso), 1 litro de leite, 6 ovos, 6 culleradas de azucre e caramelo. | ||
| Preparación | ||
|
Pícase o pan e bótase no leite. Déixase enchoupar unha hora. Bátense os ovos e mestúranse co pan, o leite e o azucre (pódese pasar polo batedor). Úntase un molde con caramelo líquido e vértese o preparado no mesmo. Métese no forno, xa quente, a unha temperatura de 150º. Cando está dourado fáiselle a proba da agulla de calcetar e se sae limpa está listo. © Mariano García - Fina Casalderrey, 1997 |
||