| Peixiños de améndoa | |||
|
|||
| Ingredientes | ||
| Azucre e améndoas a partes iguais. | ||
| Preparación | ||
|
Unha vez peladas e secas as améndoas, móense a máquina. Coa améndoa moída e o azucre faise a pasta que dará lugar ós peixiños. Non utilizan molde. Cun coitelo dáselle a forma e cunha pinza fánselle os ollos e as escamas, por riba salfírense de azucre (ver fotografía). Podemos dicir que é unha especie de mazapán cunha elaboración
moi artesá. © Mariano García - Fina Casalderrey, 1997 |
||