| Podesvir | ||||||||||
|
||||||||||
| Sinopse | ||
| Podesvir conta a historia
dunha vila na que o sol nunca se quería deitar e a natureza era do
máis fermosa ata que a chegada dunha familia acabou convertíndoa
nunha cidade chea de fábricas e contaminación. |
||
| Anaco da obra | ||
|
(...)
As xigantes columnas de fume das súas fábricas eran a súa bandeira. Tódolos maiores se ocupaban de gañar diñeiro, e o pouco tempo libre que tiñan empregábano en contalo. Ninguén se decataba de que houbera grandes cambios: o sol tiña vergonza e pasaba sempre agochado detrás dunha nube, as estrelas non querían saír pola noite, as flores negábanse a nacer e os animais fuxían. Había unha máxia moi extraña nada máis entrar na vila, as cores ledas viraban escuras e feas. (...) © Fina Casalderrey, 1997 |
||