| Nolo e os ladróns de leña | ||||||||||
|
||||||||||
| Traduccións | ||
| Castelán:
Nolo y los ladrones de leña
(Ediciones SM, Madrid, 1999) |
||
| Sinopse | ||
| Nolo era tan maior,
que xa nin sequera se acordaba dos anos que tiña. Estaba moi gordo
e cando subía as escaleiras do parque poñíase tan colorado
que a súa cara parecía marmelada de morango. Os nenos da vila
queríano moitísimo. Era case o avó de todos. |
||
| Anaco da obra | ||
|
(...)
Cando o carteiro traía unha carta para Nolo, como non sabía ler, todos corrían para lle axudar. -Vagariño e alto -pedía dende a súa cadeira. Sempre empuxaba coa man pola orella cara a diante porque estaba un pouco xordo. E, ás veces, os rapaces gastábanlle bromas lendo as cartas cun chisquiño de mentiras: Querido señor Nolo: Escríboche para che comunicar algo moi importante. Tes que prepara-la equipaxe para viaxar cos teus amigos ata o parque de atraccións máis grande do mundo. Asinado: A señora Alcaldesa P.D. Se non obedeces axiña, haberás de lles mercar xelados de nata tódolos días durante un ano. Nolo ría a cachón e dicía: -Sóde-lo demo, larpeiros. (...) © Fina Casalderrey, 1998 |
||