| O misterio do cemiterio vello | ||||||||||
|
||||||||||
| Traduccións | ||
| Castelán:
El misterio del cementerio
viejo (Ediciones SM, Madrid, 2000) |
||
| Sinopse | ||
| David e Branca oen
estraños ruídos procedentes dun cemiterio abandonado. Deciden
investigar e, unha vez dentro, sofren raras experiencias, ven extrañas
figuras e escoitan músicas misteriosas... |
||
| Anaco da obra | ||
|
(...)
Moi lonxe víase algo que se movía cara á nós. Era un vulto moi escuro. Metémonos detrás dos contedores do lixo e agardamos a ver que pasaba. - ¿Será un espírito? - Non sei. Ó mellor é unha pantasma. - Non, que as pantasmas son brancas. - Ten unha luz na barriga. - ¿Seguro? - Non sei. Non se ve ben e non quero bota-la cabeza. Se sabe que estamos aquí... Púxenme de xeonllos enriba dun cartón enchoupado de auga e asexei polo outro lado dun contedor. - ¡Branca, creo que é unha alma! - Agóchate David. Non nos pode descubrir. Eu nos sabía se nos vira e entroume calor no peito. Non puidera mirar de todo, pero non era unha persoa. Tiña uns pés enormes. Creo que verdes, aínda que como estaba tan escuro non llos vin ben. Tiña o corpo moi negro e na barriga e nas pernas levaba luces. Non lle puiden ve-la cara. Arrimeime a Branca. Para que non se asustase díxenlle baixiño: - Creo que é un morto. Non mires. Pecha os ollos ata que se vaia -eu tamén os pechei. (...) © Fina Casalderrey, 1999 |
||