| |
Nunha pouca de auga
morna cunhas areas de sal desfaise a levadura que se engade á fariña,
que debe formar un montón nun sitio firme, cun oco no medio para
bota-los outros ingredientes.
Cunha culler ou coas propias mans reméxese ata que vaia desaparecendo
o líquido. No caso de quedar demasiado dura, engádeselle
máis auga morna. Xa coas mans, séguese a traballa-la masa.
Logo, convertida nun bolo, salfírese de fariña, fáiselle
unha cruz co canto da man (¿por que non?, xa que nos axuda a coñece-lo
momento ideal de lévedo) e déixase levedar tres cuartos
de hora, tapada cun pano e preto da calor, se pode ser. Cando desaparece
a cruz, ou se ó calcar cun dedo a masa sobe, vólvese amasar,
cun vasiño de aceite e sen parar ata que non pegue.
© Mariano García - Fina
Casalderrey, 1993
|
|