| Filla das ondas | ||||||||||
|
||||||||||
| Traduccións | ||
| Castelán:
Hija de las olas (Kalandraka
Editora, Pontevedra, 2003) |
||
| Sinopse | ||
| Un percorrido pola
Pontevedra monumental, polas prazas, fontes, rúas, edificios emblemáticos,
monumentos... da man dunha serea que fuxiu dos escudos na máxica
noite de San Xoán, e que atrapa a atención de lectores e lectoras
de todas as idades. |
||
| Anaco da obra | ||
|
(...)
Unha nena xogaba na fonte, diante da igrexa. Foiaz estrañouse de que estivese soa a aquelas horas. Cantarruxaba e chapuzaba cos pés, e a auga subía ás torres do escudo da cidade, que adorna a fonte. Froiaz abriu a ventá; algunhas muxicas das fogueiras bailaban naquela espléndida noite meiga, e un aire fresco entroulle polo nariz. Fíxolle cóxegas e espirrou. A nena, sen sorprenderse, mirouno; e a Froiaz pareceulle tan bonita que as palabras agocháronse no seu estómago e non dixo nada. Os cabelos mouros, que lle cubrían o peito e as costas, brillaban coma o charón; os pantalóns prateados relucían como apel mollada dun golfiño. - Veño buscarte, Froiaz. Baixa. Froiaz quedou pampo: ¿Como sabía o seu nome? Pero obedeceu e axiña apreceu ao seu carón. - Non podes durmir, ¿verdade? Tes bolboretas no estómago... -adiviñou ela. - Hai pouco que viñemos vivir aquí e... -recoñeceu Froiaz. - Ven conmigo. Ensinareiche algúns tesouros e segredos de Pontevedra. - É que nin sei o teu... -dubidou el, mirándoa de esguello. - ¡Mariña! -atallou ela Mariña non era como as outras nenas: ía descalza... ¡e non tiña embigo! De boa gana lle preguntaría, pero deulle vergonza. - Non levas zapatos -sinalou. - Así podo mollar os pés cando me pete. - ¿Non che rifan teus pais? - Non. Meu pai é o Mar e a miña nai é a Ría. Eles déronme forza... - ¿Forza? ¿Podes levantar esa igrexa? -suxeriu Froiaz, incrédulo. - Non, pero podo levarte a tempos que xa pasaron, ao verán, ao outono... - ¡Mentireira! -sentenciou el. (...) © Fina Casalderrey, 2003 |
||