O libro da empanada  
     
 
Coautor: Mariano García
Edicións Xerais, Vigo, 1993
Montes e Fontes - Gastronomía
ISBN: 84-7507-708-0
Nº de páxinas: 326
Formato: 13 x 20
5ª edición: 2007
 
     

Traducións  
     
  Castelán: El libro de la empanada (Alianza Editorial, Madrid, 1995)
 
     

Sinopse  
     
  A empanada é un símbolo da mellor cociña de Galicia. É abofé, un signo de identidade. Xenerosa, saborosa e farturenta, pola empanada identifícannos como galegos de aquí á fin do mundo. De raxo, de xoubas, de polo, de ameixas, de bacallao con pasas, de lamprea, de millo con chocos, de centeo con sardiñas, de carne, de roxóns, de millo con zamburiñas, de vieiros, a costrada, as de cu de tarteira..., son os mil traxes que ela ten para se vestir nas festas, nas romarías, nas celebracións domésticas ou nos mellores restaurantes. Por iso é o producto galego máis universal.

Fina Casalderrey e Mariano García percorreron o país na procura das mellores empanadas de Galicia, pescudadndo na nosa historia e na nosa cultura para escribir este libro que arrinca no Pórtico da Gloria ou nos Cancioneiros Medievais e chega ós nosos días. ¡Unha viaxe fascinante!

A súa cultura, a súa historia, os amoados, as zaragalladas, os guisos e mexunxes, os amasados, fermentos e fariñas, a preparación, os mellores trucos, as súas receitas, mesmo a súa conxelación; todo está neste libro co que os autores pasarán de seguro a convertirse nas primeiras autoridades deste prato rei da cociña galega.

 
     

A Semán da Cociña Galega en Xenebra
( 21-27/02/1995 ) Xoán Anllo
 
     
  A Sociedade Galega de Xenebra "A nosa Galiza", que dentro de dous anos festexará os seus 30 anos de existencia, vai, por cuarta volta, promociona-la cociña galega na vila de Calvino, e no medio non hai que esquecer aquela 'Semán da Lamprea' de 1989, gracias as lampreas que nunha mañán cedo colleron o avión de Iberia en Santiago e viaxaron gratuitamente, con billete de menos, dende as ribeiras do Miño, en Arbo, ata as ribeiras do Lago Lemán, en Xenebra.

Este ano no programa da semán de cociña galega estará presente a empanada, como prato estrela da nosa cociña; e outro, para min, é o lacón con grelos.

Din que os nenos galegos veñen ó mundo cun anaco de empanada nos beizos; non sei si será certo ou si é unha invención dalgún antropólogo 'yanqui' que veu a 'descubrirnos'.

(...)

Si un quere saber máis cousas da empanada, o que ten que facer é merca-lo estupendo libro que dous 'empanadólogos' de Pontevedra, Fina Casalderrey e Mariano García, publicaron en Edicións Xerais en 1993 co título de 'O libro da empanada', que para nós, os galegos, debería ser algo así como 'O libro del buen amor' para os casteláns nas cousas do amor, somentes que o primeiro fala de amores estomacais e o segundo dos do corazón.

Hai que ler o capítulo 'A cultura da empanada' do libro de Fina e Mariano para ter un coñecemento cabal, como diría un rioplatense, da orixe e o desenvolvemento da empanada galega, que pouco ten que ver coas empanadas (máis ben 'empanadiñas') que se fan pola Arxentina, Chile ou Bolivia.

E para nós, os galegos, unha señal de que é prato vello e senlleiro é contemplar a primeira representación gráfica da empanada en dous capiteis do Pazo de Arcebispo Xelmirez, do século XII, en Santiago.

(...)

Tamén ós socios e amigos de "A Nosa Galiza" faráselles a boca auga, pero de verdade, cando proben as diferentes empanadas que Fina Casalderrey e Mariano García van a cociñar para nós dende o 25 de febreiro ata o 4 de marzal en Xenebra: cataremos empanadas de fariña triga, centea ou milla, que poderán ser de vieiras, sardiñas ou zamburiñas, de raxo, polo ou bacallao, sen que falte unha empanada menos corrente como é a de millo sen tapa e xurelos.

Na cea de inaguración teremos connosco, según nos prometeron, o secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Sr. Fraga), Fernándo Amarelo de Castro, e o secretario xeral de Turismo, Francisco García Bobadilla, da Xunta de Galicia, e esperamos que o presidente do Concello de Estado da República e Cantón de Xenebra.

(...)

 
     

Escolma de receitas  
     
 
Masa rápida Empanada de millo sen tapa
Masa de millo Empanada de millo de vieiras
Masa de pan gramada con aceite Empanada de polbo