Empanada de millo de vieiras  
     
 
 
     

Ingredientes  
     
  Masa de millo, 1 1/2 ducia de vieiras, 2 tomates maduros, 3 cebolas grandes, 1 cabeza de allo, 1 pemento encarnado, 2 sobres de azafrán, 4 ramas de perexil, 150 gramos de xamón curado, aceite e sal.  
     

Preparación  
     
 

Cun coitelo quítanse as vieiras da cuncha, lávanse en auga de abondo para quitárlle-las areas. Tíraselles, así mesmo, a parte negra (cunha tesoira de cociña resulta moi doado).

Pícanse as cebolas, o allo e o pemento e póñense a refogar no aceite. Cando xa está dourada, engádense o tomate sen pel nin semente, as vieiras, o xamón en tacos e unhas areas de sal (dependendo de como estea o xamón). Dáselle unhas voltas e retírase do lume. Logo de enfriar, engádese o perexil picado e o azafrán. Como tódalas empanadas de millo débese facer en lata ou empanadeira.

Prepárase a primeira capa de masa sobre a empanadeira previamente engraxada, repártese a zaragallada e colócase a outra capa do xeito que aparece explicado na masa de millo.

Suxerencia:

Quédanlle ben unhas follas de loureiro cociñadas ó tempo que se doura a cebola.

Variantes:

Tamén se pode facer empanada de vieiras con masa de fariña triga gramada ou con masa follada.

Nalgunhas casas adoitas completa-la zaragallada cunha cullerada de pementa branca.

Outros intercalan rebandas de ovo cocido.