| Empanada de millo sen tapa | |||
|
|||
| Ingredientes | ||
| Masa de millo, 2 quilos de xurelos grandes, 3 cebolas, 1 pemento, 4 dentes de allo, 2 ramas de perexil, azafrán ou pemento doce, aceite e sal. | ||
| Preparación | ||
|
Límpanse e sálganse os peixes partíndoos só
pola metade e adóbanse co allo e o perexil. Unha vez picados a
cebola e o pemento, póñense a fritir, cunhas areas de sal,
ata que comece a doura-la cebola. Engádeselle o pemento doce, reméxese
e déixase enfriar. Esténdese a masa sobre a empanadeira
ben engraxada, procurando que quede bastante grosa e adaptándoa
á forma do molde (facendo caixa). Repártese a metade da
zaragallada e sobre ela colócanse os xurelos coma se estivesen
enteiros (as dúas metades xuntas). Bótaselle o resto da
zaragallada por riba e métese ó forno a temperatura media
durante unha hora. A esta zaragallada vaille especialmente ben uns anacos de xamón
ou de touciño. Tivemos noticias deste xeito de facer empanada en Ferrol, en Marín e en Moraña (Pontevedra). © Mariano García - Fina Casalderrey, 1993 |
||