A Pomba e o Degolado  
     
 
Edicións Xerais, Vigo, 2007
Fóra de Xogo - Nº 100
ISBN: 978-84-9782-559-7
Nº de páxinas: 171
Formato: 13 x 21
3ª edición: Maio 2008
 
     

Sinopse  
     
  Foron demasiadas as cousas que non lle sentaron ben a André nos tres anos que leva no instituto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo para coller alento. Os recreos estaban tomados por Héctor Solla e Raúl Pernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a vida imposible a el e á súa compañeira Halima Atif. Por fortuna, na casa, onde tamén se viven tempos moi difíciles, atopará acougo ás súas coitas facéndose cargo dos paxaros do seu avó e chateando, baixo o nick de "Degolado", con "Pomba", unha amiga cibernética que o axudará a descubrir que paga a pena confiar na xente.