| |
Foron demasiadas as
cousas que non lle sentaron ben a André nos tres anos que leva no
instituto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo para coller
alento. Os recreos estaban tomados por Héctor Solla e Raúl
Pernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a
vida imposible a el e á súa compañeira Halima Atif.
Por fortuna, na casa, onde tamén se viven tempos moi difíciles,
atopará acougo ás súas coitas facéndose cargo
dos paxaros do seu avó e chateando, baixo o nick de "Degolado",
con "Pomba", unha amiga cibernética que o axudará
a descubrir que paga a pena confiar na xente.
|
|